A madrugada deste 11 de novembro pasará á historia negra de Vigo polo incendio habido no barrio das Travesas, e deberá constar nas crónicas non só esclarecemento da causa orixinaria do lume, senón tamén a responsabilidade dos feitos por parte do Concello e o lixo informativo do Faro de Vigo e La Voz de Galicia.
O Concello de Vigo tiña informes de que o edifcio en cuestión non era seguro, non fixo caso. O Concello de Vigo sabe que dende hai catro anos non pode garantir os mínimos legais no servizo de bombeiros, nada fixo. O único que temos son declaracións grandilocuentes e balóns fóra dun alcalde ao que non lle importa a seguridade dos vigueses e das viguesas, tan só rexido polo seu cosmopaletismo e populismo, ao tempo que nos ten acusado, á CUT, de querer destruir Vigo. Estas son as consecuencias da súa irresponsabilidade, pero ao igual que no Marisquiño ou nos incencdios do 2017 el non terá culpa de nada e, sobre todo, non terá cargo de conciencia.
En canto ao Faro de Vigo e La Voz non pode dicirse outra cousas que deshonran a profesión do periodismo tentando culpar do incendio aos Okupas, a nova escusa do fascismo para xustifcar a súa aporafobia.
Dende a CUT enviamos o noso pésame ás persoas afectadas e solidarizámonos coas persoas traballadoras do servizo dos bombeiros, e dicimos que non imos descansar ata que cada quen asuma a súa responsabilidade.