Correos informou hoxe da decisión, pendente de aprobar no Consello de Administración a semana que ven, de rescindir a subcontrata da limpeza das súas oficinas coa empresa SCT, actual concesionaria que acumulaba varios meses de impago a unhas 300 traballadoras en toda Galicia, ademais doutras deficiencias na dotación de equipamentos e noutras condicións da prestación do servizo.
“Tras meses mobilizándose, as traballadoras iniciaron en setembro unha folga indefinida que fixo que non se puidese seguir obviando e invisibilizando a súa situación.”
Foi a loita das limpadoras, as máis precarias, a que fixo posible este pequeno e á vez grande paso adiante. Tras meses mobilizándose, as traballadoras iniciaron en setembro unha folga indefinida que fixo que non se puidese seguir obviando e invisibilizando a súa situación.
Marta Núñez Traballadora limpeza Correos
Dende a CUT celebramos esta vitoria e parabenizamos en especial á nosa compañeira Marta Núñez, que malia non ser representante electa das traballadoras, actuou como elemento mobilizador indiscutible no noso país e mesmo no estado español.
Só a dignidade e a vontade das traballadoras pode cambiar o rumbo das cousas, como se demostrou neste e noutros moitos casos. Dende a CUT animamos ás traballadoras a seguir avanzando na loita para conseguir a solución definitiva á precarización: o rescate dos servizos públicos.