AGORA TOCA SALVAR AS AUTOESTRADAS

52

Blanco dixo o seguinte: “Rescatar as autoestradas en quebra custará 1.400 millóns a todos os españois”. Tócanos aos cidadáns, traballadores e traballadoras, xubilados e xubiladas, parados e paradas subempregados e subempregadas pagarlle unha factura máis ao capital. Non abondou cos bancos, caixas, automoción…, cada pouco aparecerán novos sectores onde os poderosos, os capitalistas, precisen os cartos das clases populares.As concesionarias son: Abertis, Acciona, ACS, Ferrovial, FCC, OHL e Itínere de aí que sexa SEOPAN, patronal da construción, quen reclama e tamén que Blanco non quixera disgustalas e chafar o seu plan de colaboración “público privada” en infraestruturas.As construtoras que durante moitos anos se lucraron enormemente, que tiveron “a sorte” de que a ninguén lle intentase frear o mercado inmobiliario afundindo así o país, agora piden diñeiro que os políticos lles darán sacándonolo, unha vez máis, dos nosos petos.Estas actuacións políticas non poden pasar desapercibidas, non podemos consentir máis agresións deste calibre, á clase traballadora pídeselle o sacrificio permanente para asegurar as ganancias do capital.Unha vez máis se pon de manifesto que a loita é de clases e nós estamos listos para dar a batalla.

FAI FALTA XA OUTRA FOLGA XERAL!