A CUT ENTRA NA REPRESENTACIÓN DO HOTEL PORTA DO CAMIÑO

97

Nas eleccións sindicais celebradas o pasado luns no compostelán hotel Porta do Camiño, as traballadoras e traballadores deste centro hosteleiro, depositaron a súa confianza na CUT, levando á compañeira Carme Pereira ao Comité de Empresa.A representación colectiva queda pois laminada nunha morea de siglas sindicais (CIG 2 representantes, UGT 1 representante, CCOO 1 representante e CUT 1 representante), que se deberán artellar e deberán dialogar para unha defensa nítida dos intereses do conxunto do persoal nun intre complexo como o actual, no que a CUT achegará sen dúbida a posición do sindicalismo combativo que non está disposto a que as traballadoras e traballadores paguen as consecuencias dunha crise que non foi nosa.