NO MORRAZO MEDRAN AS RESPOSTAS NA RUA

45

Onte venres, tiveron lugar simultaneamente novas mobilizacións en Cangas e Moaña. A partir das nove da noite, as prazas dos Concellos das dúas vilas, foron punto de encontro para centos de traballador@s, que desde o pasado 18 de xullo, víñanse concentrando todos os venres a mesma hora en Cangas.O xoves tamén na vila de Bueu houbo concentración na Praza Masso, e tamén centos de veciñ@s acudiron a convocatoria popular que une a distintas plataformas e colectivos obreiros que estamos a enfrontar con decisión, as medidas de asalto ós dereitos da clase traballadora, que leva ó cabo o goberno do PP e a Unión Europea.

Onte en Cangas, despois da concentración fronte ó Concello, logo da intervención de distint@s portavoces dos colectivos, unha vez máis comezou unha manifestación que foi xuntando a máis e máis veciños perante o percorrido, superando os mil manifestantes. O finalizar a marcha, na Alameda Vella, interviú un voceiro da CUT facendo unha sínteses da necesidade da unidade traballadora e popular na mobilización, sendo de destacar na súa intervención, a mensaxe de solidariedade ós xornaleiros andaluces en loita contra fame, atacando ó sistema onde máis lles doe. Entrando nos centros de latrocinio que son as superficies comerciais, para darlle de comer a quen pasa fame.A partir de agora e as 21 horas haberá mobilizacións, todos os xoves en Bueu na Praza Masso, e todos os venres a mesma hora en Cangas e Moaña fronte os respectivos Concellos. Con sacrificio, con información e obxectivos claros, poderemos mobilizar á clase traballadora e os sectores populares, para frear as medidas presentes e futuras do capital e os seus xestores