COMPOSTELA CHAMA Á DESOBEDIENCIA CIVIL

44

Unha nova asemblea popular este luns de todos os colectivos que nos agrupamos ao redor do chamado “A rúa é nosa”, na cidade de Compostela, serviu para a posta en común das análises do camiño andado até o de agora contra a Ordenanza da Exclusión que o goberno de Ángel Currás (PP), tirando da súa maioría absoluta, aprobou en solitario no Pleno Municipal do 31 de marzo, entre a abstención do PSOE “por diferencias de matiz” e o voto en contra e emenda á totalidade do BNG.O camiño andadoOitocentas queixas rexistradas da veciñanza compostelana, unha cacerolada diante do Concello, o reparto de información, e a irrupción no Pleno Mucipal son as iniciativas que polo de agora se levaron a cabo. O obxecto deste proceso de acumulación de forzas de todo o movemento político, veciñal, cultural, social e sindical de esquerda da cidade é a denuncia activa da provocación antidemocrática do Partido Popular, que impulsando unha nova “Ordenanza de Ocupación da Vía Pública” pretende privatizar as rúas e prazas, cobrarlles aos colectivos sen ánimo de lucro polo seu uso. Afondando así nun proceso de exclusión dos colectivos “disidentes” das rúas da cidade que se afinca xa na Ordenanza de Publicidade Estática e Dinámica, aprobada polo goberno bipartito anterior, que prohíbe a colocación, colaxe ou reparto de comunicación social de se carecer dunha cuestionábel “previa autorización municipal”. Esta foi a Ordenanza utilizada para reprimir a libre expresión do Centro Social A Gentalha do Pichel sancionada con 1800€ por aquel goberno.O futuro: desobediencia civil.Dous dos colectivos presentes nesta iniciativa, a Rede Feminista Galega e o Cineclube de Compostela veñen de ser advertidos da necesidade de pagaren 1600€ para desenvolveren un Ciclo de Cinema Feminista, logo de que o Concello decidise aplicarlles ilegalmente unha ordenanza fiscal para actividades de carácter lucrativo, querendo tomarlle o pulso ao tecido social compotelán sobre os efectos da nova norma que se está a cociñar.É por iso que na asemblea deste luns se decidiu facer un chamado á desobediencia civil activa por parte do conxunto do tecido asociativo, e é por iso que insubmisas a este proceso de privatización das rúas e de control social, os colectivos chamamos á asistencia masiva á primeira sesión do Ciclo de Cinema da RFG e o Cineclube, ás 22:00 horas da noite do 5 de xuño, na Praza da Oliveira, co filme “Doli, Doli, Doli” de Uqui Permui, e celebraremos o vindeiro venres 8 de xuño, dende as 18:00 horas na Praza do Toural, un Encontro Informativo de Colectivos, onde se socializarán as reivindicacións máis diversas e onde aproveitaremos para adentrarnos logo das 19:00 horas nun debate sobre “Privatización das rúas e control social. Preguntas e Respostas”.Todo isto cunha clara vontade, demostrar que a rúa é nosa, e ningunha administración nos impedirá utilizala libremente.