CO NOVO ANO SEREMOS MÁIS POBRES

66

Co novo ano seremos máis pobresEn xaneiro non só chegarán as medidas políticas contra os nosos intereses (incremento na idade para a xubilación e incremento do período de cómputo), no novo ano, a parte da conxelación nas pensións, dos despidos sen indemnización, retirada dos 426 euros a parados e paradas, do rebaixe xeneralizado nos salarios e da precarización laboral absoluta, traerá un incremento xeneralizado nos produtos e servizos básicos.

A luz subirá un 10% (o 50% en dous anos), moito por riba do IPC. Impoñerannos, deste xeito, a tarifa máis alta da Unión Europea, só por debaixo da de Alemaña e da Dinamarca.

A cesta da compra, incrementouse nun 2,1% no último trimestre do ano e, segundo as previsións seguirá subindo.

A suba do petróleo e, por extensión, dos combustibles. En Galicia, o prezo da gasolina de 95 octanos alcanza os 1,259 euros por litro, un 16,7% máis caro que hai un ano, mentres que o diesel roza os 1,176 euros/litro, despois de subir máis dun 21% nos últimos doce meses. A subida dos prezos nos combustibles repercutirá nun incremento xeneralizado dos de todos os produtos, que verán repercutido este incremento.Co novo ano seremos máis pobres <!– @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } –>Tabaco. As principais tabaqueiras xa subiron os seus prezos, de acordo coa alza de impostos aprobado polo Goberno.

Butano. Despois de tres subas no que vai de ano, a bombona de butano custa xa 12,80 euros. Este produto depende da cotización do barril do petróleo, o que asegura novas subas en xaneiro.

Tren. Renfe propoñerá elevar nun 3,1% os billetes dos servizos de Proximidades e Media Distancias convencionais.

Aluguer. A maioría dos caseiros toman como referencia o dato do IPC de novembro para actualizar o prezo dos alugueres, aínda que tomando como base o IPCA (harmonizado) de outubro, a suba será do 2,3% de media.

No caso da auga, cada concello decide os seus propios prezos, que poderán revisar. De todos os xeitos, Augas de Galicia xa anunciou subas en 2011.

Bus, taxi e peaxes. En Ano Novo revisaranse á alza os prezos dos servizos de taxi nos municipios e do autobús, así como as diferentes peaxes das autoestradas.

Como se pode observar un ataque en toda regra ás nosas xa depauperadas carteiras. Fan estes incrementos supoñendo que a capacidade de resposta é moi limitada ou case nula. Temos que demostrar ao goberno e aos especuladores que non imos pasar polo aro, que teñen á cidadanía enfrontada coas súas políticas e disposicións económicas. Contra o goberno, contra a avaricia sen límite do capital, FOLGA XERAL!!!!.