A LIMPEZA UNIVERSITARIA NON SE RENDE: FOLGA!

62

A Asemblea Xeral de traballadoras e traballadores do servizo de limpeza universitaria decidiu esta mañá endurecer as mobilizacións contra os recortes na partida da limpeza mandatados polar Reitoría da USC, e que a empresa CLECE SA. quere concretar nun ERE de redución de xornada de máis do 20%.Na tarde de onte unha parte importante do cadro de persoal concentrouse diante da Sala na que o Comité de Empresa e a Dirección mantiñan as conversas, e logo de que a representación colectiva esixise a retirada do ERE, petición que a empresa madurou nun receso, sucedéronse momentos de tensión logo da negativa rotunda desta última. Nese momento, a representación colectiva plantoulle cara á Dirección e no exterior, as traballadoras e traballadores concentrados, baixo berros de “Non ao ERE”, alentaron e posición dos seus delegados e delegadas.Se isto era así no lusco de onte, esta mañá a Asemblea Xeral decidiu ir á folga o vindeiro 28 de febreiro, mentres se maduran outras iniciativas.