Zp xa non ten disfraz socialista, sacou a careta

176

 Se estas medidas parecen poucas non temos máis que recordar que a REFORMA LABORAL está asinada e no caixón de saída, unha reforma que abarata o despido e agudiza a precariedade no emprego.Dende a CUT, como vimos facendo dende o 2008, volvemos a chamar á FOLGA XERAL. Ata onde imos aguantar? Que máis probas necesitamos para que nos demostren que os partidos políticos son escravos das ordes que lles da o Banco Central Europeo e o Fondo Monetario Internacional, precisamente os responsábeis da barbarie que estamos a vivir? Que máis probas necesitan as grandes centrais sindicais para saír a rúa nunha FOLGA XERAL?. Se agora non convocan esta folga demostrarán claramente que a clase traballadora non lles preocupa, tan só defenden unhas siglas que noutrora foron sindicais e agora son de empresas.A CUT chama á clase traballadora para que obrigue á convocatoria desta folga xeral, unha folga xeral que non será un camiño de rosas senón unha xornada de loita.