XUNTANZA COMITÉ-EMPRESA

255

1º. Sub-conxuntos Montaxe: Nova externalización a vista que afectara ao full-kiting e todo o relacionado co mesmo, así coma as preparacións do B78, e futuras pezas do K9. O venden como nova creación de postos de traballo que orixinariamente estaba en Francia realizándose, pero a realidade e que externalizan os existentes, e os futuros que puideran crearse co K9. A nova adxudicataria como non podía ser doutro xeito, e que a CUT xa advertía no seu día cando botou a andar a nova nave H con esta modalidade de contratación; será ILUNIÓN, e afectara a un total de 22 postos de traballo por quenda.

A CUT oponse a medida loxicamente polo que significa a nivel social para os/as traballadores/as do Centro. Seguimos perdendo emprego directo, e postos onde poden ser adaptados traballadores/as con discapacidades ou limitacións, sen ter que recorrer a persoal externo. Non lles chega aínda co beneficio que obteñen por coche…queren mais.

 2º. AXA: Abren un novo prazo para rescatar os cartos quen así ó desexe dende o 2 o 21 de Xuño ambos inclusive, ou para metelos nos plans subscritos con AXA e acordados entre os sindicatos asinantes (SIT,UGT,CC.OO) e a Empresa. A Dirección ante as nosas preguntas, unha vez mais pecha filas cos asinantes.

A CUT tal e como xa fixemos publico, comezamos un camiño pola vía xudicial, ante a negativa da Empresa e AXA en facilitar copia da póliza. Continuamos sen comprender porque penalizase o que decida rescatar os cartos cunha dedución media de 721€.

Das dilixencias e actuacións realizadas por esta Central Sindical, daremos traslado ao conxunto da plantilla en vindeiros días, para que libremente poidan adoptar unha postura.

         3º. INCREMENTO PRODUCIÖN: Ai cousas que co tempo non mudan nesta fabrica. Ca chegada do inverno fai frío nas naves por falla de climatización ou porque a Empresa aforra custes e non prende o sistema de calefacción cando debera. A culpa sempre e do termóstato que non salta. Uns denunciamos a Inspección, e outros sacan notas denunciando ese feito. No verán, os vellos sistemas de aireación non eliminan a calor das naves e as altas temperaturas, e como fabrica 4.0 que aspiramos a ter, a Dirección o soluciona con botellas de auga, para non ter que investir en mellorar as infraestruturas actuais. A consecuencia sucede o mesmo que no caso anterior.

E cando sube a cadencia… cando sube a cadencia novamente podemos ollar notas con verbas de: esperamos que todos los medios técnicos y humanos esten a disposición de los trabajadores/as…, que los monitores esten liberados en todo momento…, no vamos a permitir y no vamos a consentir…, vamos a ser vigilantes. O final nada cambia co tempo, os/as traballadores/as producen mais coches por menos cartos con repartos irrealizables en peores condicións laborais. A creación de 5 novos postos e un parche para tapar o anterior reparto, e non exixir a produción as primeiras semanas e un truco para calmar o malestar paulatinamente. ISTO É INSOSTENTABLE…      A 1ª proba no aumento de cadencia e medir  a súa vez o malestar, a fixeron Domingo noite as 21h. Preguntada a Dirección como pagara ese hora, contesta non ter nin idea…

A CUT celebrara unha asemblea de afiliados/as o Sábado 3, para ver as accións a levar a cabo na defensa dunhas condicións de traballo dignas, valorando calquera alternativa posible.  E TI QUE VAS FACER?…