Xuntanza comité- empresa

17

Na xuntanza de onte falouse da produción. A empresa confirma: que confía, que espera, que desexa, que o mes de setembro e outubro sexa de alta actividade.

E máis despois dunha semana na casa, por xentileza da empresa e dos asinantes do ERTE, a empresa anuncia que vai iniciar os descansos da 6ª noite para o S2, e que se prevén sábados.

Para a CUT esta xestión de paradas combinada con alta actividade, demostra a total falla de consideración cara as necesidades das persoas traballadoras. De feito algún dos asinantes do ERTE, que permite este tipo de situacións, onte criticaba a actitude da empresa. Debe ser que coas presas por asinar e contentar ao patrón non lles deu tempo a ler o documento, ou tal vez ao estar en ano electoral queren facer esquecer a xente catro anos de compadreo.

Outro dos temas tratados na xuntanza de onte foi a información sobre as comisións paritarias do Convenio:

COMISIÓN IGUALDADE: Se concederon 14 conciliacións especiais. A estas alturas non cremos preciso dende a CUT explicar que é a conciliación da vida familiar e laboral, pero si recordar un pouco a historia das medidas existentes nesta empresa para supostamente axudar a conciliación das persoas traballadoras.

No ano 2009 co beneplácito de todo o Comité se establece un sistema pechado e ríxido de quendas, o chamado 6-4-6. Dito sistema obrigaba á persoa traballadora a reducir a súa xornada, polo tanto, o seu salario e a súa cotización para encaixar nunha das quendas dispostas pola empresa. É dicir, era  a persoa que precisaba a conciliación a que se adaptaba ás necesidades organizativas da empresa.

Dende a entrada da CUT no Comité (ano 2014) gañamos numerosas sentenzas que obrigaban á empresa a adaptar o horario de traballo ás necesidades especificas da persoa traballadora.

Ante estas sentenzas a empresa co respaldo da maioría do comité establece un sistema de “conciliacións especiais”, un sistema que melloraba o de 2009 pero que, segue sendo insuficiente, xa que prioriza as necesidades da empresa e limita o numero de persoas que se poden acoller a él, soamente 34 persoas poden empregar dita medida.

Ademais, esta sendo empregado como escusa nos xulgados para non atender as necesidades das persoas traballadoras, de novo a maioría sindical lavando a cara da empresa en detrimento das persoas traballadoras.

Sen a CUT no Comité seguiriamos co vello sistema de 6-4-6. E seguimos no xulgado reclamando o dereito a unha conciliación real.

COMISIÓN PARITARIA CONVENIO: Dende a CUT solicitamos que se reunira dita comisión para tratar a non actualización do salario ás persoas traballadoras de IT. A empresa di que non a reúne porque a aplicación que fai entende que é a correcta. A CUT xa denunciou no xulgado a non actualización salarial das persoas de IT.

 

06/09/2022