Hoxe tivo lugar no Xulgado de Instrucción nº 1 de Marín, o xuízo contra o delegado sindical da CUT e Presidente do Comité de Empresa no Concello de Bueu, Pablo Curra. Durante o acto tivo lugar unha concentración de delegad@s sindicais diante do edificio do Xulgado. A vista tivo a orixe nunha denuncia interposta pola Garda Civil, e segundo a súa versión cando: “durante a Volta Ciclista a España, ó seu paso por Meiro en Bueu, o denunciado insultou á membros da benemérita, sendo protagonista dunha alteración da orde pública”. Obviamente, segundo a denuncia mentireira dos axentes do corpo armado. En realidade, como a CUT denunciou publicamente no seu día, tendo en conta a multitude de testimuñas presentes e incluso coa denuncia presentada por Pablo Curra no propio cuartel da Garda Civil de Cangas, a actuación do corpo armado foi absolutamente desproporcionada. Durante o paso da Volta polo Morrazo, chamou a atención a presencia de numerosos efectivos de antidisturvios durante o percorrido, sendo literalemnete rodeados ós concentrados que estaban situados nunha propiedade colindante á estrada, cando loxicamente o obxectivo da concentración sindical era que se visualizara unha reivindicación e nunca o boicot ou a alteración do percorrido da Volta Ciclista.
Efectivamente o día 28 de agosto, aproveitando este evento deportivo, a CUT fixo un chamamento a concentrarse á altura de Meiro para denunciar a situación de fame da clase traballadora e demandando unha Folga Xeral. A Actitude dos perto dun cento de concentrados, limitouse a corear eslogans alusivos á dita convocatoria. Rematado o paso da volta ciclista, o mando da GC dun xeito delirante, dirixiuse ó denunciado na presencia do resto dos asistentes, para identificalo e notificarlle que ia ser denunciado. O mando da benemérita facíalle falta un cabeza de turco para ganar a cebada. O xuízo celebrado hoxe en Marín e no cal o avogado da CUT, Francisco Costas exerceu a defensa de Pablo Curra quedou visto para Sentencia. O Fiscal solicitou a condena do procesado, petición consistente nunha pena de 10 días a razón de de 3 euros, e o Avogado do Estado, unha multa de 20 días a razón de 6 euros diarios, por unha falta de “desordenes públicos” e “desacato á autoridade”.