Persoados na Seguridade Social, seguimos sen ver rastro claro (que outros ven) cara onde foron os cartos detraídos pola Empresa aos que decidiron rescatar o complemento de xubilación.
Os recortes non deixan de cesar a pesares dos números do Grupo, a previsión de crecemento de eventualidade na fabrica foi o que levou a mesma a plantexar a eliminación do complemento de xubilación para aforrar o seu pagamento a este colectivo, que antes cobraba, e que para os indefinidos maquillou como parte de incremento na paga de beneficios cobrada coa nómina deste mes.
Trala nosa denuncia, foi cando a Empresa anunciou o reintegro das cantidades detraídas aos que decidiron rescatar as cantidades aportadas. Pero a pesares diso, a esta Central Sindical non lle vale que o ladrón que rouba a carteira, para non ser encarcerado devolva a carteira.
A intención da CUT e aclarar a verdade, e de ser posible obrigar a Empresa que abra un novo proceso para que os/as traballadores/as decidan que facer cos seus cartos, libremente, sen chantaxes económicas. Chantaxe moi de moda neste Centro.
Xa temos data de celebración do xuízo:
22/05/2018 ás 10.40h sala 5
Quen desexe coñecer a verdade pode acudir ao mesmo, xa que os xuízos son públicos.