Xoves 22, ás 20h, concenctración en Vigo en apoio aos detidos o 22M

81

Este xoves día 22 de maio, ás 20 horas terá lugar en Vigo fronte ó MARCO unha concentración en apoio de Isma e Miguel, os dous mozos detidos o pasado 22 de marzo en Madrid. Van alá dous meses do 22M e estes dous rapaces seguen de reféns do estado na cadea de Alcala Meco.

Desde a Coordinadora Estatal das Marchas da Dignidade, tense feito un chamamento para a convocatoria de mobilizacións nos distintos puntos do estado, coincidindo cos sesenta días na cadea de Isma e Miguel. O réxime non parou na súa obsesión por criminalizar o 22M. Primeiro intentou que as Marchas non foran unha realidade multitudinaria, utilizando o decreto do silencio. Logo, puxo en marchas a actividade nas cloacas do estado para criminalizar a protesta masiva.A última fazaña do réxime borbónico é a utilización como reféns dos dous mozos detidos. É obvio que lles son útiles, serán utilizados cando a nivel mediático lles sexa rendible, e os xuíces e carceleiros prestaranse a iso.
Asistamos á CONCENTRACIÓN este xoves ás 20 horas fronte o Marco en Vigo.