XOVES 21 MANIFESTACIÓN EN VIGO DO NAVAL

100

O vindeiro xoves día 21 de xullo, ás 20 horas desde a Rúa Via Norte en Vigo, terá lugar unha manifestación en defensa do Sector Naval. A CUT vai participar nesta convocatoria feita polos tres sindicatos maioritarios, a razón non é outra que a de non darlle escusas a ninguén para non facer o que é imprescindible facer. Unidade asemblearia para a mobilización xeneral. A CUT vai participar nesta manifestación para encher de contido obreiro e popular a convocatoria, e que esta non derive na abstración inutil e inoperante, que o final lexitime a morte do Sector Naval. Nos últimos días desde a CUT dirixímonos por escrito ós tres sindicatos; CIG, CCOO e UGT para plantearlle a necesidade de camiñar xuntos. O pasado luns mantivemos unha xuntanza coa CIG, estamos a espera de facelo cos outros dous sindicatos. Desde a CUT reiteramos que sen unha mobilización xeral e permanente que provoque unha convulsión social en Vigo e en Galicia, non seremos quen de frear o desmantelamento deste sector estratéxico da economía galega e que deu emprego nos últimos anos a 13.000 traballadores. XOVES 21, ÁS 20 HORAS MANIFESTACIÓN DESDE A VIA NORTE.