Xornadas contra a represión política, social e sindical: estaremos

185

A CUT participará os vindeiros días 6 e 7 de xullo, en Barcelona, nas Xornadas contra a represión política, social e sindical que organiza a Plataforma 3 D´Octubre. Serán as compañeiras e compañeiros de Alternativas na Xustiza-CUT, que están a padecer a represión de xeito directo pola súa activa participación na recente folga, as que acudirán en representación do sindicato a estas completas e necesarias xornadas. Mirade o programa no cartaz que publicita o evento: é unha radiografía sintética das variadas represións que nestes momentos temos que enfrontar.