XORNADAS ANTIRREPRESIVAS E II FESTIVAL DA CULTURA PROLETARIA

50

O pasado venres día 24 de xuño celebráronse as Xornadas Antirepresivas en Vigo coa presenza dos sindicatos LAB, INTERSINDICAL CANARIA, FSOC CANARIO, CSI de ASTURIAS, INTERSINDICAL VALENCIANA e CGTP de PORTUGAL. Na sesión da mañá analizouse a situaciónd e crise do sistema capitalista e as consecuencias represivas para a clase traballadora. Na sesión de tarde houbo unha mesa redonda de debate á que seguiu unha exposición analítica dende a óptica xudicial por parte dos avogados. Concluíron as xornadas coa presentación do último libro do historiador Dionisio Pereira sobre a represión aos traballadores e traballadoras do mar no período que vai de 1864 a 1936. Así mesmo aprobouse unha resolución conxunta dos sindicatos asistentes que podedes consultar nestas web. Nos vindeiros días elaborarase un documento de conclusións consensuado cos demais sindicatos. O sábado 25 celbrouse o II Festival da Cultura Proletaria en Cangas, un festival onde puidemos disfrutar da solidariedade e camaradería que deben sempre presidir a nosa militancia sindical. O éxito do festival estivo marcado polo traballo xeneroso e incansábel dos compañeiros e compañerias do Morrazo na organización, preparación e atención do mesmo festival; o seu esforzo é un exemplo para todos e todas. A seguir tedes un enlace con fotos do evento tomadas de galizacontrainfo. Debemos tamén facer público agradecemento do traballo desenvolvido por estes compañeiros e compañeiras, pois cubriron ambas as dúas xornadas desinteresadamente aguantando a calor e as moitas horas de traballo: Galería das Xornadas Antirrepresivas Galería do Festival da Cultura Proletaria