Xornada de folga en Dalphimetal polo mantemento do emprego

302

O 90% do cadro de persoal da empresa Dalphimetal (Vigo) secundou a xornada de folga convocada para este mércores polo comité de empresa en defensa dos postos de traballo.

“A folga ten como obxectivos protestar pola deslocalización da carga de traballo e defender a viabilidade do centro de traballo de ZF-LIFETEC Vigo.”

Máis de 300 traballadoras participaron na manifestación desta mañá para protestar polos recentes despedimentos efectuados pola empresa, “sen dar a oportunidade de negociar medidas non traumáticas, sen posibilidade de recolocación, sen aviso previo, sen contar co Comité de empresa para nada”, di o comité.

A folga, secundada masivamente, ten como obxectivos protestar pola deslocalización da carga de traballo, que pon en perigo o mantemento do emprego na planta, xa que Polonia, Rumania, ou Marrocos, destinos preferidos entre outros pola empresa, e defender a viabilidade do centro de traballo de ZF-LIFETEC Vigo.