Xornada de folga e mobilización no ensino secundario

80

Este mércores 23 de setembro, varias organizacións sindicais convocan a segunda xornada de folga no ensino galego trala caótica xestión do goberno de Feijoo. Nin o cambio de caras, nin as novas medidas adoptadas veñen levantar a lousa que carga o ensino público dende anos atrás: o exceso de alumnado por aula e a falta de profesorado e medios.

En moitos dos nosos centros o alumnado vai deixar de recibir o 100% das clases presenciais ás que ten dereito, diminuíndo de forma importante a calidade da súa aprendizaxe en cursos decisivos como o bacharelato ou graos medios e superiores de formación profesional, ás portas do mundo laboral.

No resto de grupos de FP Básica e ESO fixo falta a chegada dunha pandemia mundial para que o noso alumnado reciba unha formación en grupos cun ratio reducido, desdobres etc. e nin sequera isto é posible en todos os casos.

Na Primaria e Educación Infantil multiplícanse os casos de contaxios día tras día, facendo obvio o fracaso do sistema de grupos burbulla incumpridores da distancia recomendada e segura entre compañeiros/as.

Non cesaremos ata que a Consellería de Educación dote aos nosos centros de profesorado, recursos e ratios reducidas de forma permanente, en aras dun ensino público de calidade e por iso chamamos á folga e a acudir ás concentracións programadas: