X Conferencia nacional da CUT: conquistar as rúas

419

As persoas que conformamos a Central Unitaria de Traballadoras xuntámonos este sábado 31 de maio en Vigo para seguir marcando o rumbo definido no último congreso.

Na xuntanza de hoxe aprobamos as conclusións da anterior conferencia nacional, na que dende a CUT apostamos pola creación de conflito nos centros de traballo como ferramenta e por seguir medrando pero sen perder o fundamento ideolóxico.

No noso modelo de sindicato asembleario e combativo, defendemos que a asesoría xurídica é un medio pero non un fin en si mesmo e que todas debemos construír o sindicato, ao tempo que establecemos a autocrítica e o asemblearismo como método de avance.

Tamén se aprobaron modificacións na cota sindical e no baremo da asesoría xurídica.

A Central Unitaria de Traballadoras quere abandonar o discurso da resistencia para mudalo pola existencia e chama a seguir saíndo ás rúas para conquistalas.