VOTA POR CORREO: BAIXA, PERMISO, EXCEDENCIA, SUBSTITUCIÓNS.

289

O 1 de decembro celébranse as eleccións sindicais no ensino público galego. Nas últimas semanas as dúbidas sobre este procedemento son múltiples cando prevemos unha baixa, permiso de maternidade ou cambiamos de centro por unha substitución.

Dende a CUT imos aclarar que facer en cada caso, estando o noso correo cutensino@cutgaliza.org a disposición por se algo se algunha casuística esquécenos neste relatorio:

QUE OCORRE SE ESTOU DE BAIXA, EXCEDENCIA POR COIDADOS OU PERMISO?

O dereito a elixir aos representantes do profesorado ante a Xunta de Galicia para os próximos 4 anos é inherente a calquera traballadora docente dos centros dependentes da Consellería de Educación, agás o profesorado de relixión. A situación de baixa, permiso ou excedencia por coidados non fai decaer este dereito e por iso animámoste a que o exerzas se te atopas ou te vas atopar nalgún destes casos o próximo 1 de decembro por correo.

QUE PASA SE CAMBIEI DE CENTRO DESPOIS DO 30 DE SETEMBRO?

A Mesa electoral central de cada provincia traballa sobre o censo a data 30 de setembro de 2022. No período de reclamación ao censo (ata o 20 de outubro) moitos docentes pediron ser resituados ante un novo contrato no censo do seu novo destino.

Se non foi así, terás que exercer o teu dereito a voto o día 1 no antigo centro (terás xustificado no actual o tempo necesario para ir e volver co fin de votar para o que pedirás ao secretario da mesa un xustificante de ter acudido) ou ben podes pedir o voto por correo se prefires evitar ese desprazamento, seguindo as instrucións deste artigo.

Se empezaches a traballar este curso por vez primeira despois do 30 de setembro e non reclamaches a túa inclusión no censo, non figurarás nel e non terás dereito a voto neste proceso segundo o acordo asinado polos sindicatos promotores para o desenvolvemento deste proceso electoral.

E SE EU NON PODO IR A CORREOS?

Nese caso terás que cubrir tamén o anexo 1 do voto por correo para que un familiar poida ir no teu nome a correos na túa representación.

CAL É O PROCEDEMENTO PARA O VOTO POR CORREO?

INSTRUCIÓNS PARA VOTO POR CORREO

ANEXO 1: REPRESENTACIÓN ANTE CORREOS

ANEXO 2: INSTANCIA PARA SOLICITAR O VOTO