VOCES POLA FOLGA XERAL

131

Na tarde de onte, trescentos traballadores e traballadoras convocados pola centrais sindicais CUT, STEG e SF, transcorreron as rúas centrais da cidade de Vigo nunha mobilzación atravesada polo malestar e a contundencia. O obxecto, a reivindicación dunha “folga xeral inmediata, sen renuncias, sen oportunismos”. A compañeira Eire Cid, responsábel da lectura do manifesto unitario, abría o acto dunha lembranza dos “compañeiros e compañeiras de Euskal Herría que hoxe marcan o camiño”.Nesta xornada de loita nacional, espello da valentía do sindicalismo basco ou grego que dende o seu afincamento nos intereses das súas clases traballadoras non fixo demorar unha tan necesaria convocatoria, ninguén daba atopado outra explicación ao desistimento na convocatoria galega do que unha manobra de oportunismo electoral ou renuncia á loita sindical de base. “Sindicatos da patronal, onde quedou a folga xeral?” foi unha das lendas con maior acollemento no transcurso da mobilización.Dureza coas entidades bancarias e os seus roubos millonarios, chamados á loita obreira contra a xenfobia, o patriarcado e a explotación e mesmo unha vontade unitaria de “tombar” un sistema que non serve, foron os fíos comúns dunha mobilización na que as centrais obreiras alternativas do noso país reafirmaron o seu compromiso de continuar nas dinámicas dunha mobilización permanente que non ten outro obxecto do abrir as fendas que permitan construír un novo sistema para a maioría social sobre as ruínas do capistalismo e a súa barbarie.”Só existimos se ocupamos espazos, a rúa” concluíu a compañeira entre chamados á folga xeral e á loita sindical. Marcaron a xornada o optimismo e ilusión de seguir a pé de obra.