O Tribunal de Xustiza de Galicia estima integramante a demanda de conflito colectivo presentada pola CUT contra a resolución do Director Xeral da CRTVG do 10 de xaneiro de 2014 de uso dos sistemas de información.Segundo consta na sentenza, a CRTVG vulnerou o dereito do Comité de Empresa a emitir informe previo para defender e representar os intereses dos traballadores e traballadoras, xa que dita resolución incide directamente sobre a organización e control do traballo. Ese autoritarismo ao que tanto nos ten afeita a actual dirección da CRTVG, desprezando permanentemente á representación sindical e o conxunto do persoal , é o motivo polo que o TSXG estima integramente a demanda presentada “unicamente” pola CUT, o resto de sindicatos consideraron que normativas así existen en moitas empresas e decidiron non emprender accións contra semellante vulneración á negociación colectiva.
Máis unha vez, esta resolución demostra que a única batalla sindical perdida é aquela non se presenta, e que o derrotismo e a pasividade son actitudes completamente inadmisibles cando está en xogo a defensa dos nosos dereitos como traballadores e traballadoras.Adiante a loita obreira!