Despois de trece días continuados de Folga, os traballadores/as do lixo de Madrid acadaron o principal obxectivo fixado ao comezo da loita: a paralización do ERE masivo que supuña o despedimento de máis de mil traballadores/as do servizo de recollida de lixo.
Desde a CUT facemos a seguinte lectura deste feito:Primeira: Que a vía da mobilización e a Folga son as mellores armas das que dispón a clase obreira para defender os seus intereses. Fronte a solucións pactadas “por arriba” entre as elites sindicais e a patronal, impúxose a presión directa exercida na rúa contra calquera tentativa de acordo tomado de costas á asemblea obreira.Segunda: A forza das propias asembleas obreiras. As imaxes das asembleas de traballadores/as decidindo a man alzada que facer, amosa a potencia dos compromisos manifestados publicamente ante @s compañeir@s, e da democracia exercida de xeito directo, e non delegada en representantes moitas veces susceptibles de seren comprados pola patronal.Terceira: As declaracións feitas a posteriori pola alcaldesa de Madrid, a funesta Ana Botella asegurando que o seu goberno seguirá pulando por ofrecer á cidadanía un servizos ”o máis baratos posibles”, e solicitando o endurecemento da xa cativa Lei de Folga, amosan que o poder político non é nin moito menos neutral nestes conflitos entre a clase obreira e a patronal, senón que toma partido descaradamente polo Capital, guiados por un credo ultraliberal de liña thacherista que postula a máxima desaparición posible do estado, reducindo o seu papel ao de simple policía que garanta a seguridade dos que teñen acceso á gran propiedade fronte á gran masa excluída dese privilexio.Cuarta: A loita continúa. A clase obreira non pode limitarse a defender unicamente os dereitos que lle quedan hoxe, ten que dar un paso á fronte e reclamar tamén todos os que lle foron roubados ao longo dos últimos trinta anos polos gobernos sucesivos gobernos PPSOE: estamos en contra a existencia de bolseiros/as, de contratos de prácticas, ETTs, do retraso da idade de xubilación, da baixada dos salarios reais, do paro da privatización de servizos públicos, dos EREs, do Capital asasino. E para acadar todo isto faise urxente a convocatoria dunha FOLGA XERAL.Viva a loita obreira!