Vitoria da CUT na personación ante a demanda no contencioso que pedía a reordenación das listas de primaria anteriores a 2017

314

O pasado 3 de novembro tivo lugar a vista ante a demanda dunha docente da quenda D, na que solicitaba a reordenación das listas de Primaria para aqueles consolidados anteriores a 2017.

A demanda establece como base que nese ano 2017, publícase a normativa que establece a obrigada introdución nas listas de substitucións dunha persoa da quenda D cada 13 da quenda L. Isto sería aplicable a partir dese ano e sempre nas novas persoas a incorporar, respectando e mantendo a orde do listado anterior a dito cambio.
A demandante solicitaba que esta nova ordenación afectase á totalidade da súa lista (Primaria).

Dende a CUT Ensino, valorando de forma positiva a normativa de 2017 para a inserción laboral das persoas da quenda D, consideramos que dita mellora non pode reflectirse na lista anterior xa consolidada e que provocaría retraer dereitos a centos de compañeiros.