Visita da Inspección de Traballlo a Psa Vigo

157

A finais de outubro, visitou a zoa de Montaxe a Inspectora de Traballo. É a segunda visita da inspección nos últimos meses para atender as denuncias feitas entre outras pola CUT, relacionadas coa Prevención.

Previa a visita da Inspectora numerosos representantes da Dirección percorreron a ruta prevista para “corrixir” posibles desviacións dos estándares de orde e limpeza. Ou sexa para agochar as deficiencias visibles antes da visita.

A pesar das trabas postas pola empresa, a Inspectora foi acompañada no seu percorrido por representantes de tres sindicatos presentes no Comité. Durante a visita, de mais de dúas horas, percorremos os diferentes talleres da M1 ao estar parada a M2.

Dende a CUT lle incidimos nas posturas forzadas que teñen que realizar no seu día a día os/as traballadores/as de Montaxe unido os altos ritmos e os mínimos descansos, facendo que o traballo nas liñas sexa unha penuria, e recalcamos a falla de limpeza da fábrica 4.0.

A Inspectora sorprendeulle bastante as posturas forzadas que os traballadores/as tiñan que adoptar para realizar o seu traballo. De feito no taller de baixo-caixa, a Inspectora preguntou se os/as traballadores/as de dita zoa non tiñan mais descansos que o resto, e se non rotaban fora de dita zoa o longo da xornada.

A pesar de non estar incluído no percorrido, a petición da CUT, a comitiva visitou outras zoas. Unha delas foi a zoa de desmontase de portas. En dita zoa, podémoslle ensinar a Inspectora o equipo de climatización que PSA instalou para mitigar as altas temperaturas. Por se algún de vos non a visitou dicirvos que a fábrica 4.0, instalou dous ventiladores ante a falla de ventilación na zoa.

Nota:  Na súa visita pediu ser acompañada dun delegado por cada sindicato con presenza no Comité. Os dous sindicatos con máis delegados non tiñan dispoñible a ninguén e recusaron acompañar a visita. Lembremos que a empresa agasallou aos sindicatos asinantes do ultimo convenio colectivo cun delegado a maiores. A semana pasada, eses mesmos sindicatos sacaron sendas octavillas sobre o lixo e cargas de traballo en Ferraxe, nun intento de “lavado de cara”. A inspección de traballo e a que ten as competencias de vixilancia e sanción, pero si os propios delegados non queren aportar…

En definitiva unha visita que a empresa non lle gustou, e a algún outro sindicato tampouco, pero para a CUT, vai valer para que a Inspección de Traballo se faga unha idea clara de cales son as condicións de traballo, e de falla de hixiene industrial que padecemos e que vimos reiteradamente denunciando.

Agardamos que ningún traballador/a pense que para estas organizacións a defensa da saúde e dos dereitos dos/as traballadores/as limitase simplemente as octavillas.