Os días 21 e 22 de xuño vaise celebrar en Iruña o VIII Congreso do sindicato LAB. O inicio deste importante evento sindical, estará precedido o mércores día 19 pola celebración dunha Conferencia Internacional, que reunirá a máis de trinta delegacións de organizacións procedentes dos catro continentes.A CUT estará presente tanto na Conferencia Internacional como o VIII Congreso, na persoa do compañeiro Secretario Xeral, Ricardo Castro e de Manolo Camaño, Secretario de Relacións Internacionais.O sindicato irmá LAB, vai debater e acordar durante os dous días de Congreso, as pautas de actuación sindical para os vindeiros catro anos, a partir de dous velatorios; política sindical e organización.Estamos seguros que as conclusións deste VIII Congreso, significarán un avance tanto desde o punto de vista do sindicalismo de clase, como no camiño da soberanía de Euskal Herria.