VIII CONGRESO DE LAB, UN NOVO PASO ADIANTE NA CONSTRUCIÓN NACIONAL.

87

Durante os días 20, 21 e 22 de xuño unha representación da CUT asistiu en Iruña ó VIII Congreso Nacional do sindicato vasco LAB. Un congreso que congregou a máis de quinientos delegados/as de toda a xeografía de Euskal Herria. É de destacar a presenza masiva da muller e da xuventude como delegados/as neste congreso, que ven a rubricar o avance na renovación logrado nos últimos catro anos.O día 20 celebrouse unha Conferencia Internacional coa participación de máis de cincuenta dirixentes sindicais, en representación de trinta e seis organizacións  procedentes dos distintos continentes. De América estiveron a CTC de Cuba, UNETE de Venezuela, CTB do Brasil ou a CTA de Arxentina. De Asia o VGCL de Vietnán, de Europa a CGTP-IN de Portugal, o PAME de Grecia, o PEO de Chipre, ou a USB de Italia. Asistimos case a totalidade dos sindicatos pertencentes á Plataforma Sindical de Nacións sen Estado; CSC de Catalunya, USTKE de Kanakia, I.C de Illas Canarias, CSS de Sardinga, SAVT do Val da Aosta, STC de Córcega, SLB da Bretaña, SIK de Groenlandia e UGTG de Guadalupe.Nesta conferencia, tomou a palabra en nome da CUT o compañeiro Ricardo Castro, expondo ós asistentes a posición sindical da nosa central en Galicia nesta conxuntura. Aproveitamos tamén durante a nosa estancia en Iruña, para manter distintos contactos bilaterais con organizacións cas que mantemos relacións fraternais, como a CGTP-IN, o PAME e os sindicatos que como o noso estamos na PSNSE.Este VIII Congreso veu marcado fortemente ademáis da conxuntura da crise xeral do sistema capitalista, polo proceso que vive Euskal Herria no camiño do recoñecemento dos seus dereitos nacionais. Na clausura do acto houbo unha intervención dunha representante da esquerda azberzale que analizou en clave política o actual proceso vasco. Habería que lembrar ademais as reiteradas mencións ó compañeiro Rafa Díez Usubiaga, ex Secretario Xeral de LAB, actualmente na cadea.