VII Congreso Nacional: Sen sindicato non hai futuro

570

Celebramos o noso VII Congreso Nacional, baixo o lema “Sen sindicato non hai futuro”, en dúas xornadas de traballo que decorrerán en Cangas do Morrazo o 21 de maio e na Coruña o 4 de xuño. A pandemia obrigounos a adiar a celebración da nosa xuntanza
máis importante.

No ano 1999 nacía o noso sindicato para ocupar o espazo baleiro do sindicalismo combativo, que fora desaparecendo do país a medida que, dende a esquerda, se ía aceptando o pactismo co sistema capitalista. Dende entón atravesamos moitas dificultades que sempre fomos solucionando en base a dous piares: a conciencia de clase e as decisións colectivas.

Neste VII congreso toca tomar de novo decisións en conxunto, as que determinarán o noso camiño nos vindeiros anos, que serán de moitas e descoñecidas dificultades ante o novo panorama xeoestratéxico que está a debullar o capital. A participación colectiva nas decisións é a única vía para que as siglas da CUT teñan sentido, a nosa liberdade só pode construírse dende o compromiso de cada un e cada unha de nós.

Camiñemos xuntas na CUT porque sen sindicato non hai futuro!