O pasado sábado 14 de setembro celebrouse a VII Conferencia Nacional da CUT na localidade de Aldán en xornada de mañá. O debate e as conclusións finais da Conferencia foron o paso último dun proceso que se abriu con anterioridade nas asembleas comarcais baixo o lema “Situando o futuro”. O debate foi enriquecedor e contrastou análises dende diferentes ópticas ata chegar a conclusións comúns.
As conclusións e os acordos acadados abren nosa organización a campos de traballo que teñen que ver coa nova forma de establecer as relacións laborais por parte do capitalismo e sobre como afrontalas. Quedou ben claro que o sindicato non pode ser unha ferramenta inflexíbel e ancorada en parámetros que non poden adaptarse a novas realidades sociais e do mundo laboral, onde aparece a figura do precariado e a descomposición do traballo fabril.
A conferencia autorizou á dirección do sindicato e explorar novas vías para fortalecer a nosa organización e dar un salto cualitativo tal e coma se acordara xa no pasado Congreso Nacional.