A cidadanía de Vigo sumouse á mobilización convocada o sábado pasado polos sindicatos CUT e CCOO baixo o lema “Vigo sen bombeiros. Quen apaga o lume?”.
Os bombeiros da cidade manifestáronse para esixir a dotación inmediata de medios humanos no servizo, sen parches, dende a transparencia e a responsabilidade.
“Vigo precisa a inmediata redimensión do cadro de persoal e a inmediata execución das ofertas de emprego atrasadas e das novas creadas entorno ás graves necesidades do servizo.”
Vigo precisa a inmediata redimensión do cadro de persoal e a inmediata execución das ofertas de emprego atrasadas e das novas creadas entorno ás graves necesidades do servizo.
A CUT advirte de que calquera acordo que non parta deses principios fará que sigamos na rúa e nos xulgados.
VIGO SEN BOMBEIROS!