Ben sabemos pola experiencia, é dicir, pola historia do que somos, que a dialéctica de clase goberna as nosas vidas, e nesa dialéctica sitúase a pirámide que ilustra o lema do noso VI Congreso (Inverter a pirámide). A xeometría queda diluída na metáfora, colle sentido porque superamos as liñas que a conforman para darlle humanidade coa palabra. A pirámide amplía a súa semántica, deixa no arquivo da memoria a arquitectura exipcia –de explotación tamén-, deixa no arquivo o poliedro, deixa no arquivo a matemática para xurdir coma unha construción de homes e mulleres; eses homes e mulleres que son a base de cada superficie que se eleva sobre outra ata chegar ao vértice da figura. Toca agora saber cal é a posición da pirámide.
O obxectivo do noso VI Congreso é inverter a pirámide, desafiar a física e a xeometría para demostrar que na loita de clase o vértice caerá na base cando a conciencia das traballadoras asuma o seu papel protagónico na historia
Repartiremos entre todas nós unha folla en branco, un lápiz e unha proposta: debuxar a pirámide. Seguramente recolleriamos unha maioría abrumadora de pirámides cunha base que medra en vertícal e hacia arriba ata dar co estreito vértice, debuxos onde o punto máis alto é gobernado polo mínimo mentres é sustentando pola maioría. Asumimos con total naturalidade, sen discusión algunha, que así é como deben ser as cousas, así nolas aprenderon e así as defendemos: a orde natural da historia, da palabra, do pensamento, do correcto… unha historia, unha orde natural que non escribimos nós, só a sufrimos.
O obxectivo do noso VI Congreso é inverter a pirámide, desafiar a física e a xeometría para demostrar que na loita de clase o vértice caerá na base cando a conciencia das traballadoras asuma o seu papel protagónico na historia. Será entón cando ese vértice vencido acabará por fundirse na igualdade, a síntese da dialéctica dará coa destrución da pirámide e nos diccionarios xa non se poderá falar dela coma metáfora de estrutura social. Repartiremos folios en branco na clausura do noso congreso e todas as pirámides estarán invertidas, e nos seguintes catro anos sairemos ás rúas a derrubar o que parecía eterno e construír o imposíbel. Ante nós temos a oportunidade de pasar da potencia ao acto, temos os elementos cualitativos e cuantitavos necesarios para dar o gran paso adiante, o paso que levamos anos dicindo querer dar. E para facelo precisamos que neste congreso esteades todas e todos coa ilusión desbordando nos vosos corpos e cerebros, sabendo que estamos ante un deses momentos que marcan o devenir dunha organización.
No VI Congreso precisamos de todas e cada unha de vós para saber que contaremos coa forza precisa na tarefa de INVERTER A PIRÁMIDE.