Este venres 14 de novembro ás 19,00 horas, nun novo Venres Cultural, teremos con nós a Sabino Cuadra, avogado memorialista e que foi deputado vasco en Madrid, presentando o seu último libro: “Sanfermines de 1978. Los victimarios”.
“A publicación lembra o acontecido nos sanfermíns de 1978, cando a policía española irrompeu na praza de touros de Iruñea e abriu fogo contra a multitude.”
A publicación lembra o acontecido nos sanfermíns de 1978, cando a policía española irrompeu na praza de touros de Iruñea e abriu fogo contra a multitude.
“A carga estendeuse por toda a cidade durante horas, e provocou decenas de feridos e un mozo morto, Germán Rodríguez. Días despois, o 11 de xullo, outro mozo, Joseba Barandiarán, morrería en Donosti por disparos policiais nunha manifestación en solidariedade con iruñea. O que ocorreu aqueles días non foi algo aillado: foi unha operación predemitada, executada con impunidade e respaldada dende as máis altas instancias do Estado; principalmente, dende o Ministerio de Interior, dirixido entón por Rodolfo Martín Villa.”
O libro nomea ás persoas responsables do acontecido, reconstrúe as súas traxectorias e expón o entramado político, policial e xudicial que sostivo a súa impunidade.
“Contra o relato oficial da Transición e o silencio institucional, esta obra súmase a unha memoria colectiva que segue reclamando verdade, xustiza e reparación.”
O acto, aberto a todas as persoas interesadas, terá lugar no local da CUT en Cangas (Avenida de Vigo, nº 12).
Agardámosvos!












