VENCEREMOS NÓS

85

O presidente do Estado español, Mariano Rajoy, ven de recoñecer que o para rolda os cinco millóns e medio de traballadores e traballadoras. A reforma laboral do PSOE contribuíu a esta cifra, e a reforma xa cociñada cos sindicatos e a patronal (o bipartito no campo laboral) axudará a aumentala aínda máis.Todas as medidas ditadas polo goberno económico mundial (FMI, UE…) son asumidas sen oposición algunha por parte da burocracia política, leven a camiseta que leven, porque dende hai corenta anos a política do capitalismo parlamentario deixou de pensar e de tomar decisións económicas. A ninguén se nos escapa xa, a estas alturas, que o capitalismo está a refundarse para continuar coa súa lei de acumulación constante, e para este obxectivo teñen claro que só hai un camiño: a plusexplotación do proletariado.As medidas adoptadas dende os despachos da barbarie implican man de obra escrava e un nivel de vida de subsistencia para a clase traballadora. En realidade esta foi sempre a nosa situación, só que nos últimos anos o capitalismo enganounos co consumo a creto que nos facía pensar na posibilidade de sermos clase media a través do traballo explotado. Nada máis lonxe da realidade, acabouse o soño, e para sempre, a burguesía di: INXENUOS, ACABÁRONSE AS ILUSIÓNS, VOLVEDE AO VOSO SITIO!!E nós? que dicimos nós? Faise o silencio. O medo, o estado de shock ao que nos someteron fai de nós unha marea morta mentres seguen a cousificarnos e a enaxenarnos coma homes e mulleres. Pero ollo! esta marea morta pódese converter en marea vermella imparábel. Só depende de todos e todas nós, de que recuperemos a ilusión, de que saibamos (coma sabían os nosos devanceiros) que xuntos e xuntas podemos.Moi ben, queren situar o contexto no século XIX, fagamos nós o mesmo, recuperemos a unidade de clase, recuperemos o sindicalismo combativo, o internacionalismo, a nosa identidade e fagamos o imposíbel. Sabemos que o camiño non será doado, pero para nós nada o é e seguimos resistindo, existindo.O pobo grego está a amosarnos o camiño desta loita e van conseguir gañar a batalla contra a Europa do Capital e contra o Euro. Sigamos o seu exemplo.EN PE!!!