Encontro Sindical: Membros da Sección Sindical da CUT estivemos reunidos en Zaragoza con membros do sindicato OSTÁ con representación na Opel. E da CGT con representación sindical no Centro de Madrid , Opel Zaragoza, e Vigo.
En ambas xuntanzas intercambiamos puntos de vista sobre o que acontece nas distintas plantas de PSA na península e buscamos alternativas para afrontar unitariamente os retos comúns aos que nos quere someter o grupo.
Xuízo cláusulas abusivas contratos eventuais/fixos: Tras un primeiro aprazamento solicitado pola empresa, o xuízo tería que celebrarse o 6 de xullo. Finalmente non se celebrou porque nas previas a empresa solicitou un nova suspensión aludindo que as competencias lle corresponden a audiencia nacional xa que no Centro de Madrid se realizan contratos coas mesmas cláusulas. UGT,SIT-FSI súmanse a argumentación do avogado da empresa, e CC.OO nin se presenta a pesares de estar tamén citado (sen comentarios). O avogado da CIG apoiou as teses da CUT.
Estamos agardando que o fiscal e o xuíz decidan si os xulgados de Vigo son competentes nesta materia. Para a CUT é primordial eliminar esas cláusulas onde se apoian moitos documentos en materia de flexibilidade neste Centro.
Xuízo impugnación Acordo Conciliación Familiar: Celebrado onte, a CUT posicionouse ao lado da CIG a hora de denunciar que este acordo vulnera a lei ao non poder escoller a/o traballador/a o tempo de redución nin a concreción horaria. UGT, SIT.FSI se suman as argumentacións da empresa, e CC.OO igual que no anterior non se presenta.
Previo a este xuízo, a semana pasada na reunión da “Paritaria de Igualdade” convocada pola empresa os tres sindicatos asinantes do acordo apoiaron as teses da dirección que din que a conciliación familiar en PSA Vigo esta moi ben regulada no acordo que agora se pretende impugnar.
AXA: A Tesoureira da Seguridade Social rematou a mediados de Xuño a devolución das cotas cobradas indebidamente pola cotización dos cartos rescatados e integrados en nómina. (Unha parte as asume a empresa coa cota empresarial +/- 24%, e a cota obreira +/- 6% @ traballad@r). Os expedientes se dividiron en 11 grupos dunhas 300 persoas, polo estaban afectados/as uns 3300 traballadores/as, aos que se lles modificou de novo as bases de cotización que agora xa non inclúen eses cartos.
Para a CUT seguen sen aparecer os +/- 720€ que foron detraídos das cantidades a cobrar por moito que algúns se estean poñendo medallas.
A Empresa lonxe de dar claridade a esta “desaparición”, o único que fixo foi remitir un escrito ameazante a S. Sindical da CUT. En dito escrito a Dirección di que si seguimos insinuando que a Empresa foi a que detraeu eses cartos, se reservan o dereito de iniciar accións legais contra nós.
Estamos agardando que teñan a ben facelo, a ver si deste xeito non seguen pedindo mais aprazamentos do proceso iniciado por nós, e podemos clarificar no xulgado onde foron a parar eses cartos. Mentres esperamos a súa denuncia , e a pesar das ameazas, dende a CUT continuaremos co proceso xudicial aberto ata que clarifiquemos onde foron a parar os cartos detraídos aos traballadores/as.
De tódolos xeitos, dende a CUT cremos que a empresa a estas alturas xa debería ter aberto un novo prazo de rescate, para que aquelas de vos que non queriades perder parte dos vosos cartos os poidades rescatar, íntegros agora. Se ela non quere, os asinantes do tema AXA terán que facer algo, a fin de contas son cómplices necesarios da vosa situación.
Paradas Produtivas: Os acordos en vigor asinados entre empresa e determinados sindicatos, son os que están a permitir que os salarios dos/as traballador@s carguen con estas paradas produtivas. A organización do taller e do stock de pezas fai que sexan os/as traballador@s os que asuman os erros empresariais.
De nada vale tirarse dos pelos ou “rasgarse” agora as vestiduras con notas recriminado a dirección como fan algúns. Despois de darlle o látego o patrón, agora pretenden que non o utilice?
Tivo a dirección o atrevemento na xuntanza do pasado Xoves 12, de dicir que tod@s debiamos poñer algo. Pero… que puxo a empresa cando non se fai cargo de ningún dos días de parada?, avisando a quenda de tarde o xoves tres horas antes.
Mexan por nós e temos que dicir que chove ?… E non so mexa a empresa…!