O Comité de empresa, conformado pola UGT e a CUT, vén de anunciar a convocatoria dunha concentración na entrada de UNVI para este venres 25 de xuño entre as 13.00 e as 15.00, como primeira acción de resposta aos despedimentos e ao anuncio dun ERTE por parte da empresa.
En agosto do ano pasado a mobilización dos traballadores conseguiu sentar a empresa a negociar, evitando 18 despedimentos e un ERTE. Con esta chantaxe enriba da mesa o persoal leva soportado unha carga de traballo brutal, facendo semanas de 56 horas, sacrificando domingos e festivos. Esta semana recibiron o agradecemento polo esforzo destes meses: despedir a 9 compañeiros e anunciar que finalmente vai facer o ERTE. Non llo imos permitir!
A deste venres será a primeira dunha serie de accións de protesta para animar a empresa a mudar a súa actitude.
Venres 25 de xuño, entre as 13.00 e as 15.00 nas portas de UNVI (Polígono de San Cibrao das Viñas, Ourense).
UNVI REPRIME, PERO NÓS SOMOS MÁIS.