Unión e dignidade en UNVI: por un convenio digno!

88

sección sindical da CUT en UNVI S.A., empresa fabricante de autobuses de Ourense, considera un éxito a primeira xornada de folga programada no ciclo de mobilizacións en defensa dun convenio e calendario laboral negociado coa empresa.

“A paralización da produción nas quendas de mañá e tarde, cun seguimento próximo ao 100% do cadro de persoal, foi acompañado do éxito na manifestación que a preto dun cento de traballadoras a percorrer as rúas da cidade de Ourense”.

A paralización da produción nas quendas de mañá e tarde, cun seguimento próximo ao 100% do cadro de persoal, foi acompañado do éxito na manifestación que levou ás 12.00 da mañá de hoxe, xoves, a preto dun cento de traballadoras a percorrer as rúas da cidade de Ourense berrando alto e forte “Se non hai negociación, hai mobilización”.

Os piquetes nas tres quendas desenvolvéronse nun ambiente reivindicativo e sen maiores conflitos, a pesar dos intentos e presións por parte da empresa de boicotear a xornada de folga.

“De seguir coa actitude de bloqueo nas negocións coa representación sindical por parte da empresa, o cadro de persoal decidirá continuar co calendario de mobilizacións programado para dúas novas xornadas de folga o 10 e 11 de decembro.”

De seguir coa actitude de bloqueo nas negocións coa representación sindical por parte da empresa, o cadro de persoal decidirá continuar co calendario de mobilizacións programado para dúas novas xornadas de folga o 10 e 11 de decembro.

A mensaxe é inequívoca: as traballadoras non están dispostas a aceptar máis desprezos nin máis bloqueos na negociación do convenio.

A empresa pensou que dividiría, pero o que fixo foi fortalecer a unidade das traballadoras. Cada intento de desmobilización reafirma a nosa convicción: non se pode seguir traballando nunha empresa que nega o diálogo, bloquea a negocación do convenio e pretende recortar dereitos históricos.

Hoxe deixamos claro que temos da nosa man toda a forza, e usarémola ata acadar un convenio digno. A forza está nas traballadoras. 

Hoxe UNVI deu unha lección de forza e dignidade, SEGUIMOS LOITANDO pola xustiza laboral e social que merecemos como clase traballadora.

PHOTO-2025-11-27-12-58-17
previous arrow
next arrow
Shadow