A Sección Sindical da CUT en Stellantis Vigo viaxou ata Valencia para manter unha xuntanza con parte do sindicalismo alternativo, combativo e de clase, co obxectivo facer unha posta en común da situación do sector da automoción no estado, así como compartir a situación das condicións sociais e económicas das persoas traballadoras en cada centro.
“Os beneficios dos construtores foron en ascenso, e pola contra foi directamente proporcional a redución das condicións económicas, sociais e de conciliación das traballadoras.”
No encontro estaban representados sindicatos das fábricas de Stellantis Zaragoza, Volkswagen, Mercedes, e Ford Almussafes como anfitrión do encontro.
Todos coincidimos que, a pesares das paradas produtivas por falla de compoñentes, o aumento da marxe de beneficios dos construtores foi en ascenso, e pola contra foi directamente proporcional a redución das condicións económicas, sociais e de conciliación das persoas traballadoras.
”Todos os centros tamén teñen un denominador común: un sindicalismo ‘pactista’ e ‘entreguista’aos intereses empresariais”
Todos os centros tamén teñen un denominador común: un sindicalismo “pactista” e “entreguista” aos intereses empresariais, por parte dos sindicatos estatais que din ser de clase, que unicamente obedecen aos intereses da patronal do sector.
O sindicalismo alternativo acordamos manter o contacto entre os diferentes sindicatos e fábricas, para unir forzas de cara a combater os diferentes ataques a clase traballadora que, dende a patronal do sector da automoción, se leven a cabo.