Unidade sindical na folga do ensino privado o 6 de novembro

192

                     O vindeiro 6 de novembro a CUT secunda a folga convocada no sector do ensino privado que abrangue ás escolas infantís, atención á discapacidade e menores.

                     Iniciamos, xunto a CIG e SNEP, un camiño necesario de unidade sindical ao que agardamos que se incorporen o resto de organizacións con representación nos sectores mencionados.

“O primeiro chanzo é a folga deste 6 de novembro, ao que seguirá unha convocatoria de todas as organizacións sindicais que pulen por un marco galego de negociación colectiva que poña fin á precariedade que sofren neste sector de tanta importancia para o benestar social.”

                     O primeiro chanzo é a folga deste 6 de novembro, ao que seguirá unha convocatoria de todas as organizacións sindicais que pulen por un marco galego de negociación colectiva que poña fin á precariedade que sofren neste sector de tanta importancia para o benestar social. Nesa xuntanza bosquexaremos e consensuaremos os seguintes pasos a dar.

                     Chamamos á folga para o día 6 de novembro, chamamos á unidade sindical porque xuntas seremos quen de conseguir un convenio noso e digno, e mentres que non chegue avogamos pola aplicación do V Convenio sen discriminación algunha.