Unidade, loita e internacionalismo no congreso da UISMM

225

A Central Unitaria de Traballadoras participou esta semana en Bos Aires no IV congreso da UISMM (Unión Internacional Sindical da Metalurxia e a Minaría), a través da FSM -Federación Sindical Mundial- da que somos organización integrante.

O sindicato mineiro ASIJEMIN, organizador do evento, convidounos no día previo ao inicio do congreso a acompañalos na presentación dun proxecto de lei para conseguir un adianto na idade de xubilación das traballadoras e traballadores da minería. Esta presentación fíxose no Congreso dos Deputados da República Arxentina e será o deputado Hugo Yasky, secretario xeral da Central de Trabajadores de la Argentina de los Trabajadores (CTA-T), quen a defenda no plenario.

Durante o congreso, baixo o lema “Dereitos humanos e traballo digno. Pola soberanía dos pobos e a paz. Contra o imperialismo” puxéronse de manifesto os diferentes retos que asume a clase traballadora. Comezando pola viraxe perigosa da xeopolítica internacional cara a ultradereita neoliberal, coa conseguinte perda de dereitos da clase traballadora en todo o mundo.

“Durante 3 días o sindicatos participantes discutimos os camiños necesarios para fortalecer a nosa organización e impedir novos retrocesos nos dereitos das persoas traballadoras. Unidade, loita e internacionalismo serán as nosas bandeiras.”

Durante 3 días o sindicatos participantes discutimos os camiños necesarios para fortalecer a nosa organización e impedir novos retrocesos nos dereitos das persoas traballadoras. Unidade, loita e internacionalismo serán as nosas bandeiras.

Analizamos tamén a situación actual na Arxentina, concluíndo que este experimento do neoliberalismo fascista -de saír como esperan- se estenderá como a peste por todo o mundo. De aí que a necesidade da unión da clase obreira.

A CUT expuxo os principais problemas que afronta a clase traballadora no noso país e os retos que temos que asumir como central sindical combativa e de clase. A precariedade laboral, o aumento de accidentes laborais mortais, salarios decrecentes, carestía da vida, a exclusión social o neoliberalismo de corte fascista que temos ás portas, o individualismo e o consumismo, a grave crise climática e a alienación da clase traballadora, entre outros.

Falamos tamén das políticas da socialdemocracia e o neocomunismo de postal, que nos pretende atrapar coas súas trampas dialécticas, así como do avance do individualismo e a desafección das traballadoras e dos traballadores.

“Como CUT defendemos que non podemos renunciar á historia e temos que ter conciencia de que o individual so pode existir dentro do colectivo. Somos eu porque somos nós.”

Como CUT defendemos que non podemos renunciar á historia e temos que ter conciencia de que o individual so pode existir dentro do colectivo. Somos eu porque somos nós.

O congreso rematou coa elección dun novo comité executivo capitaneado pola compañeira do Brasil Eremir Melo, integrante da CTB, como Secretaria Xeral, e como Subsecretario para Europa, o compañeiro de LAB Industria, Asier Calderón.

“Publicarase a Carta de Bos Aires na que se amosa a solidariedade co pobo saharaui e o pobo palestino.”

Ademais publicarase a “Carta de Bos Aires” na que se amosa a solidariedade co pobo saharaui e o pobo palestino. Tamén amosamos a nosa solidariedade co pobo cubano que resiste ao salvaxe bloqueo do imperialismo ianqui e co pobo brasileiro, que está a sufrir as terribles consecuencias da crise climática, no estado de Río Grande do Sur.  Igualmente amosamos o apoio ao pobo arxentino para que teñan a forza imprescindible para poder afrontar o difícil reto de confrontar a un goberno neoliberal e fascista.

Tamén se publicará unha resolución exclusiva na que exiximos o cesamento inmediato do brutal xenocidio na Palestina que está a acometer o estado sionista de Israel.