UNHA VITORIA POPULAR SOBRE REGANOSA

59

Os colectivos e a veciñanza comprometida ao redor do conflito social aberto ao redor da promoción da planta de gas Reganosa, instalada en Mugardos, Ferrolterra, veñen de recibir unha nova satisfactoria para o tecido social e tamén para o conxunto do pobo galego: o Tribunal Supremo vén de desestimar o recurso de apelación da planta contra a anulación do Plan Xeral de Mugardos, que serviu de base para a instalacion da mesma. Confírmase polo tanto a ilegalidade deste Plan Xeral.Logo de longos esforzos de loita popular contra a instalación e a posta en funcionamento dunha planta calificada de “perigosa, inútil e antieconómica”, que se desenvolveu entre mostras activas de desobediencia civil, non podemos máis do que parabenizarnos xa que a mobilización sostida no tempo vinculou un resultado xudicial que vai pechando os ciclos dunha vitoria social, política, económica e ecolóxica de todo o movemento popular galego contra o espolio da Terra e en defensa do noso medio natural.