Un xulgado vigués valida a farsa da conciliación de Stellantis

1284

A Maxistrada Titular en funcións de reforzo do Xulgado do Social nº 4 de Vigo vén de confirmar, máis de dous anos despois, a denegación da solicitude de conciliación que en 2021 unha traballadora de Stellantis realizara, pedindo reducir e sacrificar parte da súa xornada e do seu salario a cambio de fixar o seu horario de traballo.

Por tanto, no parece proporcionado que la empresa tenga que crear un turno sólo para ella, lo que claramente afectaría a los demás trabajadores y a la estructuración horaria de la empresa, así como a su planificación, cuando las necesidades conciliatorias familiares pueden satisfacerse con alguno de los turnos existentes, que son varios y variados, que obviamente suponen algún sacrificio para la trabajadora de cambio de horario, pero no desproporcionado, teniendo en cuenta que su marido y ella pueden organizarse para atender al hijo menor y coincidir juntos aunque no sea todos los días de la semana, pero podrían verse entresemana o el fin de semana”.

Con esta afirmación (impropia dunha autoridade xudicial), esta é a segunda sentenza que se ve obrigada a ditar a mesma Xulgadora, despois de que a primeira recibira un duro reproche do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que en resolución do 5 de novembro de 2021 declarou nulo o seu fallo ordenándolle ditar nova sentenza.

O TSXG determinou que non cabe validar xudicialmente unha denegación empresarial do dereito a conciliar con amparo nun acordo colectivo de conciliación como o existente en Stellantis, xa que a traballadora solicitou acollerse aos dereitos de conciliación previstos no Estatuto das Traballadoras, moito máis amplos e beneficiosos para os seus intereses. Para o TSXG “el hecho de que la sentencia recurrida no hubiera entrado en el fondo le causa indefensión y por lo mismo procede estimar este motivo del Recurso de suplicación y declarar la nulidad de la actuaciones para que se entre en el fondo de la demanda…”.

Sorprendentemente, a xurisdición social viguesa volve pregarse aos intereses de Citroën demostrando a capacidade da empresa para determinar os ritmos dos pronunciamentos xudiciais e a clara desprotección das traballadoras e traballadores da cidade. Malia a claridade coa que o Tribunal Superior de Xustiza determinou que “…es cierto que hay un acuerdo colectivo, pero a la actora le corresponde el derecho, que es un derecho incondicionado de ejercicio unilateral por parte de la persona trabajadora...” a Xulgadora reitera unha Sentenza segundo a que “son variadas las opciones de jornada conciliatoria [en el Plan de Igualdad], y la demandante no prueba por qué no puede optar por ninguna de ellas”.

“O comportamento dos Xulgados do Social de Vigo está a converterse nun auténtico cancro para as relacións laborais na cidade especialmente cando se trata de resolver procedementos sobre a multinacional Stellantis”

Para a CUT o atípico comportamento dos Xulgados do Social de Vigo en permanente desobediencia aos mandatos do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, está a converterse nun auténtico cancro para as relacións laborais na cidade especialmente cando se trata de resolver procedementos sobre a multinacional Stellantis, o que implica unha total impunidade patronal e un permanente sacrificio da vida das traballadoras. Isto, sumado ao comportamento submiso de Inspección de Traballo, provoca que actualmente non exista na cidade ningunha institución que ampare os dereitos laborais dunha maneira eficaz e solvente.

SIT, sindicato patronal e o Plan de Igualdade.

O acordo que limita a conciliación e que o Xulgado do Social se esforza en validar está curiosamente recollido no denominado “Plan de Igualdade”, que en Stellantis funciona como instrumento para o recorte de dereitos laborais e sociais. Este plan está asinado en solitario polo sindicato amarelo, o SIT, que opera con maioría en representación dos intereses empresariais.

Dentro do Plan o anexo “Procedimiento de organización de la jornada en situaciones de conciliación familiar” ten a peculiar característica de limitar o exercicio dos dereitos conciliatorios das traballadoras, amparando á empresa para denegar a fixación de quenda ás traballadoras que reducen a súa xornada.

“O sindicato amarelo veu pactar coa empresa a aniquilación do dereito a conciliar a través dun sistema polo que se reservan un número residual de prazas para exercer o dereito a conciliar con xornada reducida (30). “

Se ben o Estatuto dos Traballadores/as prevé que cando se reduce a xornada, o que vén sendo considerado como un dereito “incondicionado e unilateral”, existe capacidade de fixar a quenda “dentro da súa xornada ordinaria”, o sindicato amarelo veu pactar coa empresa a aniquilación do dereito a conciliar a través dun sistema polo que se reservan un número residual de prazas para exercer o dereito a conciliar con xornada reducida (30).  E redúcese a posibilidade a reducións de xornada de catro ou a seis horas, sen importaren as necesidades das traballadoras. Ademais a eses postos só se accede polo prazo dun ano, sempre despois de obter a mellor puntuación nun baremo-pantalla.

“Hoxe por hoxe malia que Stellantis conta no centro de Vigo cun cadro de persoal de máis de 5814 traballadores e traballadoras, menos de 30 persoas teñen o dereito a reducir a súa xornada recoñecido.”

Para as traballadoras que non obteñen unha desas 30 prazas destinadas ás peticións de redución de xornada a empresa reserva ou ben a denegación ou ben o puro silencio. Malia que tal comportamento está plenamente fóra da legalidade vixente, á vista da aquiescencia xudicial constitúe unha medida a custe cero. Pola súa banda a Comisión de Igualdade integrada polo sindicato amarelo, o SIT, aplaude con alegría o cinismo empresarial, a perda de dereitos e que as nosas vidas non importen.

Hoxe por hoxe malia que Stellantis conta no centro de Vigo cun cadro de persoal de máis de 5814 traballadores e traballadoras, menos de 30 persoas teñen o dereito a reducir a súa xornada recoñecido. Isto implica que o dereito a conciliar existe para un 0,51 % do persoal, ou, se se quere, para 5 de cada 1.000 traballadoras.

Estamos ante unha auténtica estafa ao dereito fundamental á igualdade no seo da empresa. E o feito de que unha institución coa aparencia de imparcial como a xudicial valide esta operación, malia o insistente reproche do TSXG, non só é unha burla, senón que desprotexe os dereitos fundamentais do conxunto do conxunto dos traballadores e traballadoras viguesas.