Eliminaron as críticas a Xunta de Galicia e un parágrafo da información.
O luns, 6 de marzo no Galicia Serán emitiron unha noticia premeditadamente recortada para eliminar partes que se emitiran na edición do mediodía.
Un redactor de longa traxectoria e recoñecido prestixio elaborou unha peza informativa sobre o cultivo de ostras en Galicia baseado en entrevistas feitas na Universidade de Santiago a un equipo de investigación en acuicultura. Unhas entrevistas que non buscou el senón que, neste caso, llas asignaron a primeira hora da mañá sen tempo para documentarse sobre o tema do que versaban ditas entrevistas. Despois elaborou esta información para o programa Galicia Noticias Mediodía:
Na edición da tarde, Galicia Noticias Serán, quedou “MUTILADA”, como o mesmo traballador afirma, aínda que mantiveron a súa “voz en off”. Esta mutilación foi para evitar que os espectadores puideran escoitar a declaración dun técnico que criticaba a actitude do goberno autonómico na cría e cultivo de moluscos en Galicia. Ese técnico dicía que a Xunta está desaparecida na atención a explicaba o porqué en 22 segundos de intervención.
Tamén suprimiron o parágrafo final da noticia, que dicía:
“Este especialista en cultivo de moluscos afirma que á Xunta non lle interesa aumentar a produción destas especies e lembra que nas depuradoras galegas predomina o marisco foráneo”.
As excusas e argumentacións falsas que dan para casos coma este que se dan tódolos días na redacción é que a noticia é moi longa, para repetila integramente.
Dende o Comité de San Marcos esiximos que cesen as prácticas de manipulación e a posta en marcha inmediata do Consello de Informativos comprometido na Lei de Medios. Tamén que se asinen os traballos con rótulos onde apareza o nome da redactora ou redactor como xeito de visibilizar o traballo ben feito por parte das traballadoras e traballadores..
O Comité de San Marcos rexeita enerxicamente que se faga este uso perverso da información elaborada por un xornalista con criterios profesionais e non dependentes do que lles gusta oír aos gabinetes de comunicación en San Caetano.