UN BAREMO TRAMPOSO PARA UNHAS PRAZAS INSUFICIENTES

394

Hoxe coñecimos unha posible modificación do RD onde se regula o baremo de méritos.

O Ministerio propuxo onte introducir un novo apartado no baremo de méritos no que se valoren os idiomas certificados en centros oficiais, de nivel C1 ou C2, con 0.5 puntos no apartado de Formación académica (máximo 3 puntos) non ise nclúen euskera ou catalán neste apartado.Centros oficiais, agás as EOI que se inclúen noutro apartado.

Dende a CUT Ensino celebramos que este Real Decreto, que establece o inxusto baremo para os docentes, estea impugnado xa polas organizacións estatais xunto ás que loitamos pola estabilización nestes anos. As traballadoras do ensino somos as únicas da administración pública na que a nosa experiencia laboral non é mérito decisorio e principal nestes procesos.

Alén disto, no noso ámbito inmediato, no que se negocian as prazas a cubrir é onde seguimos estando abandonados á nosa sorte, con anuncios ministeriais pero sen ningunha nova sobre unha presión ou traballo para a ampliación da oferta de prazas, aínda posible e necesaria.

Mentres as organizacións que emprenderon anos atrás a loita no Ministerio fan o propio co baremo, dende a CUT Ensino impugnaremos a oferta de estabilización no ensino galego por insuficiente, é dicir, o ridículo número de prazas publicadas o día 30 de maio.

Aproveitamos nestas datas compricadas para todas para desexar un bo final de curso e éxitos nas probas no caso de ter que sofrilas.