Un 1º de maio en Compostela na defensa das nosas vidas

109

CUT, CNT, Asemblea Aberta, Asembleas Abertas de Estudantes e outros colectivos sociais promoven unha xornada na cidade que marque a diferenza.

Co obxectivo de promover un primeiro de maio diferente, callou a unidade de diversos colectivos e centrais sindicais da cidade de Compostela, que queren continuar o éxito da pasada folga xeral convocando unha xornada completa de rebeldía e tamén de lecer. A xornada comezará cunha manifestación que sairá ás 12.30 horas da Praza 8 de Marzo (Porta do Camiño) e proseguirá co Comedor Popular “Verduras en Rebeldía” ás 14.30 horas en Belvís que pretende abrir a celebración desta data a toda a clase traballadora compostelá.“Este é o noso compromiso cos excluídos e coas excluídas” din da organización, “observamos a necesidade de abrir a data do primeiro de maio a toda a nosa clase, xa non ten sentido seguir a celebrar unha data pechada en si mesma, a solidariedade de clase, mesmo alimentaria, é unha urxencia”.O lema “Na defensa das nosas vidas, seguimos na loita!” será a bandeira dunha xornada intensiva que se estende deica a tarde con teatro e as músicas de Terbutalina e O Leo de Matamá. “Temos que dar un paso máis alá agora, temos que desenvolver unha ferramenta de loita que acumule os esforzos de todo o conxunto da clase traballadora, que sexa quen de sumar á loita do sindicalismo alternativo por unha mudanza de sistema ás persoas desempregadas, xubiladas, desafiuzadas, inmigradas, sen recursos, extorsionadas… Temos que colocar a vida no centro porque xa todas e todos comprendemos que o capitalismo está construído contra as vidas das persoas, das traballadoras, por iso seguimos na loita”Ocupación do edificio da patronal.
Estas centrais sindicais e colectivos anunciaban esta convocatoria no pasado luns, coa ocupación do edificio da Confederación de Empresarios de Galicia na rúa do Vilar. “O nome (CEG) do que se dota o empresariado galego é sintomático: unha patronal cega diante dunha realidade social traumática, á rapina dos restos da clase traballadora. Tócanos elixir: barbarie ou unha nova realidade social para todas nós. E optamos por nós, polo noso futuro”.