Traballo sexual: a apertura do debate (19 novembro, CUT Vigo)

233

A apertura do debate sobre o traballo sexual e prostitución dentro da CUT realizarase este luns 19 de novembro en Vigo, ás 19 horas no local da CUT, coa escoita das reivindicacións e demandas das traballadoras sexuais que propiciaron este proceso interno.

Contaremos con Kenia García, activista e traballadora sexual que exporá a vulneración dos dereitos das traballadoras sexuais, e Veronika Arauzo, activista e traballadora sexual que aposta por abolir o traballo por conta allea e a terceiros. Ademais destas dúas compañeiras de Galiza, estará Saisei-Chan, procedente de Barcelona, que se centrará na diferenciación do traballo sexual e a trata con fins de prostitución forzosa.

Kenia García, activista e traballadora sexual que exporá a vulneración dos dereitos das traballadoras sexuais, e Veronika Arauzo, activista e traballadora sexual que aposta por abolir o traballo por conta allea e a terceiros. Ademais destas dúas compañeiras de Galiza, estará Saisei-Chan, procedente de Barcelona, que se centrará na diferenciación do traballo sexual e a trata con fins de prostitución forzosa

As tres compañeiras participan ou colaboraron, desde a súa diversidade política, coa Unión Sindical de Traballo Sexual (USTS) creada este mes de xullo na IAC. Poder escoitalas é toda unha oportunidade para ver a riqueza de posturas políticas dentro do activismo do traballo sexual, contrastar as informacións recollidas durante este proceso e aclarar todas as dúbidas posibles. Esta xornada terá lugar o luns 19 de novembro ás 19 horas no local da CUT en Vigo.

Coa escoita deste día, e a información recolectada nos últimos meses, marcaremos unha futura xornada que centraremos na posta en común das nosas reflexións para dar unha resposta colectiva como sindicato.

A anterior xornada: Vagalume e Amnistía Internacional

No encontro realizado o pasado día 11 de novembro, na Casa Xohana Torres de Compostela, escoitamos as diferentes perspectivas sobre o traballo sexual e prostitución para abordar este debate sindical. Para isto, contamos co Programa Vagalume de Compostela e con Amnistía Internacional. Enviamos a través do seguinte enlace dous pequenos audios que recollen algúns dos momentos de ambas intervencións: https://we.tl/t-Wy28y1inKD . 

Ante calquera dúbida ou suxestión, podedes contactar ca través do correo secretariamulleres@cutgaliza.org.