Hoxe, no multiusos de Redondela, celebrouse unha asemblea de traballadoras con asistencia multitudinaria dos centros de Chapela, Porriño e Baixamar da Coruña.
As traballadoras e traballadores dixéronlle non á proposta da empresa, dixéronlle non á eliminación de dereitos e condicións socio-económicas loitadas durante anos, dixeron que temos memoria e que non podemos esquecer que o noso presente ven da loita do pasado, e que o noso futuro será o que loitemos no presente. Hoxe falou a dignidade dos homes e mulleres que conforman a plantilla de Pescanova. Se queren paz social terán que pagar o prezo.
A patronal pretende situar a negociación no campo do recorte, pretende que negociemos canto perdemos pero o cadro de persoal só negociará unha mellora do convenio vixente.
A intensidade da mobilización do cadro de persoal dependerá da resposta da empresa: se queren paz social que paguen o prezo.
O día de hoxe marcou un antes e un despois na negociación do convenio. Aprobouse por unanimidade a fin das horas extra e a denuncia da situación diante de inspección de traballo. En función da resposta da empresa aumentará (concentracións diante dos centros do cliente MERCADONA, paros intermitentes, folga…) ou disminuirá a intensidade da nosa resposta.
A loita marca a nosa dignidade!!