Traballadoras de Santos Cociña e Baños mobilízanse por un convenio da carpinteiría digno logo de 3 anos cos salarios conxelados

354

As traballadoras da empresa Santos concentráronse este mediodía nas instalacións da empresa situada en Camporrapado (Boqueixón) para defender un convenio de sector digno que manteña cando menos o poder adquisitivo das empregadas e empregados.

O convenio de Carpintería e Ebanistería da provincia da Coruña caducou en 2019 e, dende entón, as traballadoras e traballadores teñen os salarios e as condicións laborais conxeladas.

A última oferta da patronal -por debaixo da suba do IPC- supón incidir na perda adquisitiva dunhas cinco mil persoas traballadoras do sector. As empresas néganse tamén a aceptar a creación dun plus de quendas de 150 euros mensuais.

O convenio de Carpintería e Ebanistería da provincia da Coruña caducou en 2019 e, dende entón, as traballadoras e traballadores teñen os salarios e as condicións laborais conxeladas.

As 3 centrais sindicais presentes na mesa negociadora de convenio (CIG, CCOO e UXT) acordaron ir a mobilizacións, apoiadas pola CUT, que non conta con representación na mesa negociadora pero si con dous delegados na empresa do presidente da patronal, Claudio Santos.

“É a nosa obriga apoiar as mobilizacións para defender os dereitos das nosas compañeiras aínda que non esteamos na mesa negociadora do convenio”, di o delegado da CUT en Santos Manuel Tejo.

Tras a última oferta da empresa -por debaixo da liña vermella do IPC marcada polas traballadoras- CCOO e UXT poderían reconsiderar a súa postura. Non así a CIG e a CUT, que xa anunciaron hoxe a súa vontade de seguir mantendo o conflito se non se garante o poder adquisitivo.

“Se sube o IPC, os salarios tamén” é a consigna.

“É a nosa obriga apoiar as mobilizacións para defender os dereitos das nosas compañeiras aínda que non esteamos na mesa negociadora do convenio”, di o delegado da CUT en Santos Manuel Tejo.

 

A CUT apoiou masivamente esta mobilización para mandar unha mensaxe clara á patronal de que non van ceder os seus direitos.

 

Á espera da xuntanza da mesa negociadora do convenio o vindeiro luns, polo momento mantense a previsión de folga para os días 29 de xuño e 13, 27 e 28 de xullo.