Xa está todo a punto para o arranque das dúas xornadas das MMdD en Cangas do Morrazo. Hoxe mesmo comezarán a chegar as primeiras delegacións procedentes das distintas nacións do estado español. Desde a CUT e da Plataforma do Morrazo das MMdD estamos traballando arreo para que a estancia dos asistentes á Asemblea Estatal sexa agradable e proveitosa.Mañá venres ás 12 da mañá terá lugar unha rolda de prensa das MMdD en Vigo en apoio a loita veciñal do barrio de Coia fronte á política fascista do palurdo de Abel Caballero. Nesa rolda de prensa estarán presentes representantes do SAT, IAC, CNT, CGT e do noso sindicato,Pola tarde en Cangas ás 19´30 horas terá lugar o acto en apoio ás Marchas organizado pola CUT. Coa presentación da compañeira e atriz Mónica Camaño, intervirán no mesmo; Pepe Cáccamo, Liuís Blanco, Rafa Escudero, J.M. Políz, Ginés Fernández, Nines Maestro, Javier García e o noso compañeiro Manolo Camaño. Un elenco de participantes que resume en gran medida as sensibilidades e perpectivas ideolóxicas presentes no movemento das MMdD, así como procedentes das distintas nacións do estado español.O sábado a partir das 10 da mañá comezará a Asemblea Estatal na cal participarán máis de sesenta compañeiros e asistirán como convidad@s outros vinte da Columna Galega. A sesión será até as 14 horas, en que @s participante trasladaranse a Aldán a xantar. Reanudarase a asemblea ás 16 horas e está prevista a súa clausura ás 18 horas.Benvid@ a Galicia e a Cangas!!Para ver a o cartel ampliado, preme aquí.