O acontecido en Ceuta a semana pasada pon de manifesto a hipocrisía dun goberno nacional-católico que se declara pro-vida e asasina inmigrantes na fronteira africanaPouco se sabería desta nova se non fora polas imaxes capturadas por videoaficionados que, logo de pasar á Rede, racharon co silencio informativo respecto do acontecido en Ceuta. Xa son quince os mortos a tal hora, e as declaracións do ministro do Interior español, o infame Jorge Fernández Díaz,xustificando a actuación asasina da Garda Civil española co argumento de que os inmigrantes se achegaban con ás lanchas con “actitude agresiva” (a nado e con actitude agresiva???), son un escándalo nesta Europa ben pensante.Europa ten unha responsabilidade directa sobre o que acontece en África. O medre exponencial do capitalismo europeo a partires da segunda metade do XIX sería impensable sen todos os recursos roubados polas potencias coloniais europeas no continente negro. Ora ben, a lóxica do Capital baséase na desigualdade, non na solidariedade, e agora, a pesar das tremendas proporcións do espolio histórico e en curso, no ten máis receita para África que levantar muros e dispor máis garda fronteiriza.Porén, a lóxica da clase obreira é a do internacionalismo e a solidariedade, por iso esiximos a dimisión inmediata do infame ministro ultracatólico de Interior español e a posta en marcha de medidas de cooperación con África alén do mero asistencialismo, que pasarían, en primeiro lugar, polo cese definitivo da explotación neocolonial dos recursos africanos.